Indagando
Just another WordPress.com weblog

CINEMA DE SALDO

A nosa idea era sinxela. Queríamos saber se era posible facer unha película, unha boa película, buscando no fondo do peto. E para conseguilo tiñamos que coñecer cales eran os medios dos que dispoñíamos. Partimos da base de que no inmenso mundo do cine  había boas cintas que se realizaran con moi pouco diñeiro, tanto a nivel nacional como internacional. O denominado cine de baixo presuposto. Ese foi dende o primeiro momento o noso obxectivo. Nomes como El proyecto de la Bruja de Blair ou La fiesta chegaron aos nosos oídos. Como sabiamos que estas ideas non xurdiran nin de Spielberg nin de James Cameron non puidemos evitar preguntarnos como acadaran o éxito das grandes pantallas. Descubrimos que detrás das estrelas de Hollywood existe todo un universo con argot propio: clase B, cine de clasificación Z, películas ninjas da IFD Films & Arts, etc. 

claqueta-def.gifO primeiro que tiñamos que facer era recoller información que nos puxera un pouco ao tanto. Era preciso un manual. E como xa se sabe, hoxe en día hai libros con todo tipo de temas así que as películas de baixo presuposto tamén gozan dun estante nas librarías. O título xa o di todo: Películas de bajo presupuesto. Escrito por John Randall, desvela todo o necesario para facer un especie de La fiesta. Ademais inclúe, de xeito pormenorizado, que medios fan falla para levar a cabo a produción dun filme. O libro comeza cun exemplo para crear unha película de noventa minutos con tan só 300.000 dólares (hai que ter en conta que a dita obra está editada no ano 1991). Para facernos unha idea ollamos cal sería o prezo doutras películas non enmarcadas nesta categoría. Como exemplo de filme español collemos El otro lado de la cama, que se realizou cun presuposto de tres millóns de euros.  Para seguir coa ilustración, pero esta vez co cinema made in Hollywood, foi elixida a comedia romántica El novio de mi madre. Descubrimos que os seus productores puxeran sobre a mesa a interesante cifra de 24 millóns de dólares. 

camara1.jpgLogo, continuando coa lectura, ollamos datos sobre financiación, contratos, papeleos, permisos, equipamiento, alquileres, seguros, escritura del guión, matices de dirección, iluminación, cámara, actores, axentes, montaxe, banda sonora e efectos, copias, distribución, publicidade, festivales…

 

 

Ademais Jonh Randall deunos uns consellos moi prácticaos para o día no que decidamos montar o noso propio filme de baixo coste:

-Rodar sempre en 25 mm.

-Empregar una cámara-grúa, en caso de que poidamos permitírnolo

-Evitar a música enlatada na medida do posible.

-Recordar en todo momento que a banda de efectos sonoros é o segredo de moitas películas de baixo presuposto.

-Evitar pedirlle favores aos amigos e contratar a profesionais sempre que esté nas nosas mans.

cine1.jpg 

Pero, para aos que non lle gusta ler e prefiren enterarse das cousas vía audiovisual, existen outras maneiras de documentarse. Un exemplo disto é o Festival Alcine de Alcalá de Henares. Este evento, que xa ten 35 anos, que se sitúa como pioneiro na defensa do cinema español e das curtametraxes, inclúe recentemente unhas xornadas denominadas “Presupuesto Cero: Jornadas sobre cine de bajo coste.” O seu coordinador, Pedro Toro explica que “o cine é unha arte como a pintura, a música, o cómic ou a literatura e é algo coñecido e aceptado por todos. Ademais sempre se tende a ver como unha das artes máis caras. O obxectivo destas xornadas é demostrar que, a pesar de todo, non son necesarios presupostos millonarios para realizar unha película e que a imaxinación e as gañas de contar unha historia son os mellores recursos cos que pode contar un cineasta”. Este ano, en novembro, Alcalá de Henares volverá a ser escenario de conferencias e proxeccións que axuden ás novas xeracións de directores e productores a facer unha boa cinta con medios mínimos. Tratarán temas como o cinema dixital, as solucións para facer fronte as trabas da distribución deste tipo de productos, Internet como novo soporte, tipos de subvención e incluso a historia dos grandes modelos audiovisuais de baixo presuposto como as películas de Serie Z. Todos estes contidos tamén nos servirán, no noso camiño cara a creación dunha humilde película, para aprender un pouco máis deste mundo do “presuposto cero”.

 palomitas.jpgUnha vez aclarados os asuntos técnico-prácticos decidimos trazar un eixo cronolóxico e viaxar ata os inicios do denominado cine B. Era imprescindible contemplar o pasado e aprender dos grandes mestres coma Jesús Franco, Orson Wells, Manoel de Oliveira ou Abbas Kiarostam, ou incluso das novas promesas. Pero, sobre todo, o importante, non acabar sendo un Ed Wood contemporáneo. 

Chegados ata este punto só nos faltaba a peza clave: ver películas de clase B. Para os máis patrioticos ábrese un atractivo panorama nacional e os que non o sexan tanto poderán adentrarse no mercado internacional.

Xa case estabamos no final do proceso, agora só nos faltaba dar saída a todo ese traballo:

 ollo.jpgMedios técnicos, recursos humanos, un golpe de luz na mente (unha boa idea é a base dun gran guión), unha rodaxe con máis ou menos incidentes e un número indefinido de tardes diante dun ordenador editando imaxes. Camiño a seguir para acabar tendo nas nosas mans unha cinta de vídeo coa película dos nosos soños.

Se entre a nosa familia e amigos, eses que sufrirán o visionado unha e outra vez, non hai ningún cazatalentos, as nosas posibilidades veranse sensiblemente reducidas. Polo tanto Internet, a gran rede de redes, convértese na nosa salvadora. Crear webs sobre as películas, colgalas na rede, vendelas a través de páxinas de cine etc., é a alternativa que os creadores de baratometraxes escollen para fuxir da indiferencia das grandes productoras. Incluso certames na rede, do tipo Notodofilmfest.com , sirven para dar a coñecer estas obras a públicos que van máis alá das grandes carteleiras. Tamén a exhibición en festivais, habitualmente máis receptivos ao cine independente. A web de Guatefilms, empresa guatemalteca creada a finais do ano 2005 coa intención de producir unha longametraxe coa máxima calidade e o menor presuposto posible, proporcionounos unha lista dos festivais que nos poderían interesar. E se todo isto falla, sempre nos quedará a versión aínda máis caseira: o móbil. O Movil Film Fest  é un certame de cine feito con móbiles. Material e recursos técnicos máis sinxelos imposible. Se podemos plasmar a nosa idea en tan só un minuto e medio de vídeo, este concurso pode ser a nosa plataforma. É de aí ao dixital. E do dixital aos 35 mm. E do Movil Film Fest a Cannes. En definitiva, aínda non sabemos con toda certeza se poderemos ou non facer unha película con presuposto cero. Pero si sabemos que o máis importante é non poñerse barreiras.              

Unha resposta to “CINEMA DE SALDO”

  1. Muchísimas gracias por este post. No sé si el Movil Film Fest puede ser una plataforma hacia Cannes (ya quisiéramos!), pero estamos de acuerdo que no hay que ponerse barreras (y espero que la linguistica no sea una de estas).
    Otra propuesta interesante para el tema de este post es http://www.filmaka.com Tienen a jurados como W. Herzog, Bill Pullman, Neil Labute, John Madden, Wim Wender y Paul Schrader!!!
    El premio para el ganador, a parte los 5000$ es la oportunidad de rodar una peli en Hollywood.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: