Indagando
Just another WordPress.com weblog

Ed Wood

ed-wood-real.jpg   Director, productor, guionista, editor e actor de cine estadounidense. Dende moi pequeno interesouse polo cinema, e con tan só once anos seus pais regaláronlle a súa primeira cámara, feito que acrecentou a súa paixón pola sétima arte. Tras servir na Segunda Guerra Mundial (anos despois confesou que vestía roupa interior de muller nos combates), estableceuse en Hollywood en 1948. Lugar no que empezou a actuar en obras de teatro á vez que intentaba atopar produtores dispostos a financiar os seus proxectos. Despois de varios intentos fallidos, finalmente coñeceu a Alex Gordon, co que escribiu algúns guións. Este deulle a oportunidade de coñecer a Bela Lugosi, o famoso actor de películas de terror dos anos 30, o que fora Drácula. Xa na súa etapa crepuscular participaría nalgunha película de Ed Wood, pois para este último era o mellor actor que houblera nunca.Despois duns anos de patetismo absoluto no mundo do cinema, en 1959, tres anos despois da morte de Bega Lugosi, rodará a que para moitos é considerada a súa peor película (ou mellor, según como se mire): Plan 9 del espacio exterior. Partindo das últimas escenas que rodou Lugosi en vida (apenas 5 minutos), Ed escribiu o guión en menos de dúas semanas e utilizou metraxe sobrante en estudios de outras películas. Con un presuposto inferior a 6000 dólares, rodou un filme con moitos buracos e fallos de posta en escea, que difícilmente consiguiu un distribuidor e que, non dando beneficios, foi retirada rápidamente dos teatros e salas onde se estreou.No momento da súa morte, en 1978, Ed Wood xa quedara no olvido, ata que ese mesmo ano se publicou un libro, The Golden Turkey Awards, que o definía como o peor director de cine de todos os tempos. 

Sen respostas to “Ed Wood”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: