Indagando
Just another WordPress.com weblog

Entrevista

la-consulta-del-doctor-natalio.jpg

Javier Camino, director e guionista. A súa curta La consulta del Doctor Natalio chegou aos festivais de Varsovia e Sitges. Actualmente está inmerso na rodaxe da súa primeira longametraxe: Maldito bastardo

P: ¿Que medios técnicos utilizas para facer as túas películas?  R: “Empregamos cámaras domésticas, sen son aparte, é dicir, só co propio micro da cámara e intentamos coller planos de cerca das bocas dos actores para que non haxa problemas co son. E claro, tamén recorremos a familiares e amigos para os papeis porque ao traballar gratis, deben ter a máxima dispoñibilidade e aproveitar os seus ratos libres. Isto tamén aumenta o tempo de gravación e co meu novo proxecto xa levo uns dous anos. En canto aos decorados, soemos reciclar as cousas das que dispoñemos: madeiras, cartóns…” 

P: ¿E en canto a recursos humanos? 

R: “No noso equipo básico agora contamos con catro persoas para gravar e montar, pero de vez en cando veñen profesionais para facer algunha escena. O mesmo ocorre cos actores e actrices. Temos tres protagonistas e secundarios e extras. De feito, nunha escena que transcorría nun laboratorio, os extras tiveron que pasar os catro fines de semana de gravación metidos nunha gaiola.” 

P: ¿Gravas e montas ti?

R: “Eu gravo e monto na miña casa, co Avid ou calquera programa de edición dixital. Intentamos gravar e montar para ver se hai errores e onde os haxa, volver a gravar. Aprendemos da materia de producción audiovisual pero sobre todo de ler algún libro ou de consultas en internet…” 

P: ¿Como saltará ao mercado ou aos festivais?

R: “Tentamos promocionar as cintas mediante carteis ou internet porque os patrocinadores son máis difíciles de conseguir. Pero ata o momento fixémolo todo con diñeiro propio.”  

P: ¿É moi complicado acceder ás grandes salas?

R: “Eu creo que para acceder as grandes pantallas o que hai que ter é sorte. Por exemplo,
La Fiesta é unha película que se fixo famosa porque era unha comedia pero a miña é para un público, digamos, máis reducido. Pero tamén estivo en algún festival. En total creo que foron cerca de 20. Estivo en Sitges, nun en Varsovia, outro en Arxentina de cine de terror que se chama Rojo Sangre, en Italia…”
 P: ¿E as subvencións axudan aos novos directores? R: “O das subvencións é un tema do que non sei ben que dicir porque, aínda que é certo que son útiles, tamén hai veces que se dan axudas a proxectos que despois, ao ver os resultados, non as merecerían. Para conseguilas non é moi difícil. Tes que facer unha memoria ou un dossier onde se especifique o presuposto, a montaxe…” 

Sen respostas to “Entrevista”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: