Indagando
Just another WordPress.com weblog

Entrevista

pedro-toro.jpg

Pedro Toro. Guionista, debuxante de tebeos e coordinador das xornadas “Presupuesto Cero” do Festival Alcine. 

P: ¿Cal é para ti o máis importante para poder crear unha boa película de baixo presuposto?
 

R: “O mesmo que para calquera outra película, un bo guión. E un bo guión para unha peli de baixo custe é aquel que é consciente do presuposto co que se vai contar e sabe converter os seus defectos e carencias en virtudes. Un bo exemplo disto sería “Clerks” de Kevin Smith.” 

 P: ¿Que medios técnicos e humanos mínimos serían necesarios para realizar este tipo de films?
 

R: “Normalmente nestes casos, unha mesma persoa tende a acumular os labores de guión, dirección, produción, montaxe, cámara… Incluso como actor ou actriz. Non estou en contra disto, pero creo que é moi importante ser consciente das destrezas e limitacións de cada un, quizais é mellor investir algo máis e conseguir un director de fotografía decente ou uns actores mínimamente bos, farán moito por mellorar a nosa peli.” 

P: ¿Son claves as axudas do Ministerio, por exemplo?
 

R: “Unha cousa que creo que está clara é que practicamente ninguén fai cine de baixo presuposto ( ou presuposto cero) por militancia ou convicción, senón porque non lle queda outra. Non coñezo ningunha peli deste tipo que recibira subvencións previas.” 

P:¿Que cousas habería que mellorar para poder abrir este mundo a novos directores?
 

R: Valorar moito máis as novas ideas, e que os productores arrisquen con produtos distintos. Tamén a distribución é un mal endémico do cine español. Por outro lado, os autores tamén teñen a responsabilidade de facer boas obras, de arriscarse e non contar o mesmo de sempre.
Pero todo isto é un tema moi amplo e do que se discute e pode discutirse moito.”
 

P: ¿Que ten que pasar para que unha película de baixo custe chegue ás grandes pantallas, como pasou con El proyecto de la Bruja de Blair ou La fiesta ?
 

R: Para empezar, eu penso que o importante é que a película chegue á xente, xa sexa nos cines, en dvd, por internet ou no medio que sexa. Penso que son importantes os festivais, pola atención mediática que reciben, para dar a coñecer as novas apostas do ano. Por outro lado, parece que a pelí non se estrea ata que o fai en cines, isto é algo do pasado aínda que segue a ter gran importancia para a maioría, e é paradóxico xa que as salas de cine están a perder miles de espectadores a favor doutras ventanas como as do dvd  e o ordenador.
Polo tanto, respecto á pregunta, o feito de que unha peli que non sexa a gran superproducción da temporada triunfe nas salas é máis unha cuestión de sorte que de calidade da obra. Sobre o primeiro caso que citas, houbo detrás unha impresionante campaña de márketing para vender unha obra que despois non gustou a case ninguén. Respecto a “La fiesta”, penso que tampouco era unha película moi boa, aínda que tiña algún bo chiste. Hai películas pequenas (non necesariamente de “presuposto cero”) como “Tapas” ou “Solas”, que funcionaron ben gracias sobre todo a que eran boas obras e os espectadores transmitíano de boca a orella.”
 
 

P: ¿Que oportunidades ofrecen as novas tecnoloxías como Internet ou os teléfonos móbiles?
 

R: “O do móbil non o teño moi claro, porque non son gran afeccionado aos politonos, o 3g, bluetooths e demais innovacións. Pero sei que hai moitas empresas e produtoras investindo en contidos deste tipo. Internet paréceme sinxelamente unha revolución total, que un tipo grabe unha curta, ou o suba a Youtube e o poidan ver miles de personas paréceme incrible. Tamén está o tema das redes P2P (emules,torrents …) que fan dano á industria, pero que permiten ao consumidor acceder a títulos imposibles ata entón. Como en todo, sempre que se democratiza un medio aparecen miles de obras dunha mediocridade absoluta, pero se por cada 10.000 curtametraxistas infames que colgan as súas curtas na rede, aparece un Sánchez-Arévalo ou un Vigalondo mereceu a pena.” 

Sen respostas to “Entrevista”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: