Indagando
Just another WordPress.com weblog

Entrevista

jairo3.jpg  Jairo Iglesias, director e guionista santiagués. A súa curta Cicatrices foi considerada Mellor Curtametraxe de Ficción nos Mestre Mateo 2006. Vén de estrear Rosa dos Ventos, curtametraxe integramente en galego. 

P: ¿Cal é para ti o máis importante para poder crear unha boa película de baixo presuposto?

 R: “Un bo guión e unhas boas personaxes, e máis que diñeiro, ilusión. Creo que hai que contaxiar de ilusión ao resto de xente que estaría disposta a facela, é básico que un equipo crea no proxecto, senón estás perdido.”

P: ¿Que medios técnicos e humanos mínimos serían necesarios para realizar este tipo de films?  

R: “Pois depende do que dispoña cada un, pero hai películas que se fixeron con unha Mini DV normal e saíron. Non creo que dependa tanto dos medios como do guión e de como contar a historia.”

P: ¿Son claves as axudas do Ministerio, por exemplo?

R: “Si. A Xunta agora mesmo ten unhas moi boas axudas gracias a Manolo González e a Axencia Audiovisual Galega. O que diga que agora mesmo non pode facer unha curta minte porque as axudas están aí e son factibles para calquera tipo de historia.”

P:¿Que cousas habería que mellorar para poder abrir este mundo a novos directores?

R: “Os productores deberían confiar máis na xente nova. O 80% das curtametraxes que se fan non saen de productoras pola súa propia iniciativa, senón de xente á que lle gusta o cine e decide empezar a facer cousas. Isto está ben, pero se as productoras axudaran a crear canteira audiovisual creo que todos sairiamos beneficiados e habería mellor cine en Galicia.”

P: ¿Que ten que pasar para que unha película de baixo custe chegue ás grandes pantallas, como pasou con El proyecto de la Bruja de Blair ou La fiesta ?

R: “Promoción, promoción e promoción. A xente vai ao cine porque ve os anuncios na tv e nos xornais. En España non se gasta case nada en promoción, e non é casualidade que películas como ‘El laberinto del fauno’, ‘Los Borgia’ ou ‘Alatriste’, que foron moi publicitadas en televisión (porque entraban as teles na produción) tiveran moi boa taquilla. A xente gasta todo o diñeiro na rodaxe e cando chegan ao final da post produción están sen nada. Isto pasa en curtas, longas…etc. Creo que hai que pensar as cousas un pouco mellor e deixar algo para algo tan importante como dar a coñecer a película ao público, se non ao final parece que as películas son para que as vea cada un na súa casa e 400 máis que van ao cine porque se aburren e non saben onde meterse…”

P: ¿Que oportunidades ofrecen as novas tecnoloxías como Internet ou os teléfonos móbiles?

R: “É o futuro, a descarga legal. A xente irá en tren vendo unha película no seu dispositivo. Internet, youtube romperon as estatísticas…etc…pero eu defendo que o cine é cine, e a sala de cine non a poderá cambiar ninguén xamais.” 

Sen respostas to “Entrevista”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: