Indagando
Just another WordPress.com weblog

MÁIS ALÓ DOS OSCARS

   Titanic, Apocalipsis Now, Foise co vento, L.A, Hollywood, Oscars, Spielberg, a alfombra vermella… Pero hai un cine máis alá destes recunchos. Un cinema que non necesita efectos especiais, nin cantidades industriais de decorados. Películas que a pesares do seu baixo presuposto, saen ás grandes pantallas e son recoñecidas pola sociedade como tales. Quizais, moitas, non teñan moi boas críticas pero o que si que é seguro e que son outro dos exemplos a ter en conta na nosa andaina para chegar a saber como crear sen gastar.  

DOUS PROTAGONISTAS E UNHA QUENLLA

No ano 1998, unha parella queda abandonada no océano mentres buceaban en Australia, quedando rodeados de quenllas. Cinco anos máis tarde a súa historia se plasma nas grandes pantallas americanas cun presuposto de 130.000 dólares. Un equipo técnico e humano moi reducido e unha rodaxe feita en vacacións e fins de semana. O seu director, Chris Kentis, encárgase da fotografía, montaxe, guión… Ten unha idea clara: transmitir o estilo co movemento da cámara e os planos desas cintas caseiras dos informativos sobre catástrofes varias. O resultado: unha historia como improvisada non apta para os que temen ao océano. E o mellor de todo, dos 130.00 dólares que custou, foi vendida por dous millóns e medio.  

TERROR NO BOSQUE A UN MÓDICO PREZO  blair.gif

Daniel Myrick e Eduardo Sánchez ensinan o manexo das cámaras aos cinco protagonistas deste film americano. Unha película dentro dunha película. Cinco estudantes (os protagonistas) adéntranse nun bosque no que vivirán un suceso escalofriante: ningunho dos mozos aparecera de novo. Neste caso o truco foi unha boa estratexia de márketing dende que saíu a luz, no ano 1999: sacouse a luz que a desaparición dos estudantes no bosque fora un feito real e así conseguiron o boom nas salas. Cámaras domésticas e un guión pouco definido. Azar e improvisación. É a da rodaxe de “El proyecto de la bruja de Blair”. No bolsillo: 35 mil dólares. Ao final, no banco: 250 millóns. A película máis rendible de toda a historia do cine.  

NUN SÓ DECORADO  en-la-cama-2.gif

Hora e media de película protagonizada por dous actores e cun único decorado: una habitación dun motel. Aínda que puidera parecer o escenario dunha película de cine porno, En la cama, de fai dous anos, é unha historia que fala de sentimentos e pensamentos dunha muller e un home que quedan para ter sexo e que ao final deciden charlar das súas vivencias. Neste caso, o seu director, Matías Bize, conseguiu financiala grazas á axuda dos fondos Fondart (Fondo Nacional de la Cultura y de las Artes Chilenas), recibindo algo máis de 40.000 euros. 

UNHA PELI CALQUERA

Ricardo Coral Dorado é un famoso director e guionista colombiano. Tamén é creador de “Una peli”, o seu título máis vanguardista o experimental. Con tan só un equipo de 36 membros, e tres cámaras que permitiron editar en formato dixital, esta película foi rodada e elaborada en quince días. E debaixo, como tema, a denuncia das crises e carencias da humanidade provocadas polo consumismo e a manipulación dos medios de comunicación e dos políticos.

SALSA DE TOMATE 

E como non, o cine de baixo presuposto conta co factor “salsa de tomate” xa que algunhas das películas máis famosas do cinema de terror, deste de “sangue e vísceras”, forman parte do cine independente. Addicted to murder é unhas das películas máis recoñecidas neste xénero. Rodada en vídeo, nun ano e medio, cun micropresuposto e estrenada só nos videoclubes, no ano 1995, é o Casablanca para os amantes de películas do tipo da saga de Freddy Krueger.

Sen respostas to “MÁIS ALÓ DOS OSCARS”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: