Indagando
Just another WordPress.com weblog

UNHA PELÍCULA, CATRO PESETAS

   A principal crítica que recibe ano tras ano o cinema español é o mal aproveitamento que fan do diñeiro. O Estado subvenciona, de xeito bastante xeneroso, á maioría dos filmes nacionais, pero estas inversións non dan os resultados esperados.Pero o diñeiro non o é todo. En España hai varios títulos que o confirman:


Cinco amigos e unha casa

cartel-la-fiesta.jpg“Tres mozos comparten piso en Madrid: Javi, Chemita (amigos dende nenos) e Luna. Unha fin de semana deciden facer unha festa, e de seguido se apuntan Carmelo (o mozo de Luna) e Tripi. O que ningún adiviña é que esa fin de semana lles van suceder unha morea de cousas e nada volverá ser coma antes. Tres días cheos de enredos e surrealismo que, inesperadamente, levarán un pouco de sensatez ás súas vidas”. Tres semanas de rodaxe, un ano e medio escribindo o guión e tan só 6000 € foron suficientes para que La Fiesta chegara a bo porto. O que ven sendo, en cifras, 1.206.869 € de recadación en taquilla.

  

  ¿Os ingredientes? Xuventude (o equipo técnico non superaba os 24 anos; os actores, os 30), un casette de vídeo, unha cámara doméstica, un ordenador con Avid e unha rolda por todos os festivais posibles. Finalmente a sorte chamou á porta de Manu Sanabria e Pocho Villaverde: Buena Vista Internacional aceptou a cinta e financiou en 15 días o seu paso a formato 35 mm e a súa distribución en salas. 269.112 espectadores viron La Fiesta en 100 salas de toda España.

E dixo o cachuete ao morrer  

Máis que dicir, berrou. Gritos en el pasillo é a primeira película do mundo feita con cacahuetes. Con materiais de reciclaxe e moitos, moitos frutos secos, Juanjo Ramírez e Alby Ojeda crearon un mundo en miniatura no que ambientaron unha cinta de terror e acción.

gritos1.jpg

cacahuetes.jpg  ¿Actores? O de “Bela Lugosi as Drácula” pasou á historia deixando sitio a “Cacahuetes as Humanos”, “Nueces as Cans” e “Pipas as Paxaros”. A imaxinación, o compoñente básico.

.gritos-cartel.jpg

A diferencia de La Fiesta, Gritos en el pasillo contou con subvencións e axudas dende o principio: o Goberno de Canarias, o Cabildo Insular de Fuerteventura, o Consello Audiovisual de Galicia, Producciones Bajo la Lluvia e Perro Verde Films puxeron o seu gran de area para que o presuposto pasara de ser “cero” a ser “mínimo”. Aínda así a distribución da película correu a cargo de internet. En www.gritosenelpasillo.es pódese comprar o DVD (con doblaxe en inglés e español, e subtítulos en francés, alemán, chino e xaponés) ou descargar a película por 3€.

A longametraxe, que se estreou o pasado 25 de marzo, día do orgullo frikie, é todo un exemplo do que se pode facer con vontade e esforzo.

Unha viaxe a NY

Catro amigos (Luís Callejo, Chani Martín, Iván Villanueva e Antonio Muñoz de Mesa) preparan unha viaxe dunha semana a Nova Iorque. Catro turistas de nova xeración, deses aos que non lles gusta mercar unha Trotamundos e visitar en grupo de 70 personas con guía o Empire State. ¿Por que non inventar unha nova forma de conocer lugares? Collamos unha cámara, catro amigos máis e inventemos unha historia da nosa viaxe. Eso si, nada de improvisación, todo moi ben planeado, só temos seis días para gravar a película de como Jesús descubre, durante unha escapada a NY, que os seus amigos non lle son tan fieis como el pensaba. Así naceu Los amigos de Jesús

“Tiñamos tantas imaxes de películas americanas e, de súpeto, oito españolitos están a facer  unha ‘peli’  neses mesmos escenarios. Non o  podía crer. Foi como estar no parque de atraccións”, asegura Luís Callejo, un dos protagonistas da baratometraxe. Diversión foi a tónica dominante nunha rodaxe que culminou co premio da sección Zonazine do décimo Festival de Cine Español de Málaga, dotado con 12.000 euros. Unha cantidade nada desprezable para un filme que só custou 48000 €.

antonio2.jpg

  

¿Como é posible facer unha película con tan pouco presuposto? Muñoz de Mesa dá as gracias ás oportunidades que ofrece o formato dixital, malia que os puristas o rexeiten: “Recoñezo que a miña película non é cine, sobre todo para os puristas, que só consideran cine o rodado en 35 mm, pero non deixa de ser unha historia contada en imaxes”. O que el define como “un documental do National Geographic sobre os homes españois”. Seguindo o seu exemplo, deixemos que as imaxes falen por si mesmas.

GALERÍA: Jesús e os seus amigos

amigos-1.jpg
 

amigos31.jpg

Sen respostas to “UNHA PELÍCULA, CATRO PESETAS”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: